A SUPERLÚA DO 19 DE MARZO DE 2011
OLA A TODOS/AS, DE SEGURO QUE ESTE FIN DE SEMANA ESTIVESTES PENDENTES DA LÚA, PORQUE A VERDADE É QUE ESTIVO BEN FERMOSA, SEMELLABA UNHA PELOTA BEN REDONDIÑA PREPARADA PARA XOGAR , OU TAL VEZ UN QUEIXO BEN REDONDIÑO PARA COMER A ANAQUIÑOS, OU AO MELLOR UNHA BOLA MÁXICA ONDE PODER VER OS PERSOAXES DOS CONTOS, OU TAL VEZ UNHA LÁMPARA MÁXICA A CAL PEDIRLLE DESEXOS...EN FIN QUE A IMAXINACIÓN VOE, E CADAQUÉN ELIXA O QUE MAIS LLE GOSTE, E AQUILO QUE LLE TRASMITIU.
MAIS SE NON POIDESTES VELA, AQUÍ VOS DEIXO ESTE ENLACE QUE ME PARECE INTERESANTE PORQUE NOS EXPLICA OS EFECTOS QUE TIVO A LÚA NA NATUREZA, E A VERDADE É QUE TODO ISTO É MOI MISTERIOSO A SÚA VEZ QUE ESPECTACULAR E GRANDIOSO.
No hay comentarios:
Publicar un comentario