NAVIA CONVÉRTESE NUNHA PRINCESA
HOXE NAVIA TIVO UNHA SORPRESA DE CONTO DE FADAS.
DENDE QUE TROUXO A SÚA VERBA "PRINCESA" ELA DESEXABA DISFRAZARSE DE PRINCESA, E HOXE O SEU DESEXO CONVERTEUSE EN REALIDADE.
O PALACIO DE PRINCESAS ESCOITOU O SEU DESEXO E FACENDO USO DAS VERBAS MÁXICAS "ABRACADABRA PATA DE CABRA..." O SEU SOÑO FÍXOSE REALIDADE.
SARA E A PROFE OLGA VIÑERON DENDE O SEU PALACIO Á CLASE DAS TARTAS E AGASALLÁRONA CUNHA COROA DE OURO, CON PEDRAS PRECIOSAS E DIAMANTES, TODO UN LUXO PARA A NOSA PRINCESIÑA.
ESTA COROA DOTA DUNS PODERES MÁXICOS A QUEN A PON FACENDO QUE SEXA MOI RESPONSABLE E UN POUQUIÑO MAIS MAIOR.
GRAZAS PALACIO DE PRINCESAS E ENHORABOA NAVIA!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario