lunes, 8 de noviembre de 2010

FESTA DO MAGOSTO

O venres 5 de Novembro celebrámolo Magosto, co producto típico destas datas: a castaña. Foi un día moi outonal, aínda que polo tempo parecía verán. Xa dende a mañá preparámonos para o gran acontecemento, escoitando a canción "Vivan las castañas", o conto "La castañera", e preparando como non os cucuruchos onde a Castañeira nos ía deixar as castañas.

Na hora do patio saímos todos xuntos coas nosas diademas preparadas para a ocasión, e...sorpresa, apareceu a Castañeira, moi ben ataviada coa sua cesta cheíña de castañas e deulle a cada neno/a unha presada destes froitos tan otoñais.Despois de compartir todos xuntos este momento de degustación, cos seus mais e menos para dar peladas as castañas, era momento de xogar.Disfrutamos de xogos diversos como: encestala castaña, comer a mazá, xogo da corda e xogo libre. Todo isto xunto coa música ambiental de fondo fixo que nenos/as,e mestres pasaramos unha xornada redonda coma a propia castaña.

Aí van algúns momentos vividos.



No hay comentarios:

Publicar un comentario